Número de libros encontrados: 12
No xardín do poeta
As páxinas deste libro son a porta de entrada a un xardín de versos onde o autor, Antonio García Teijeiro, dialoga coa poesía do gran Federido García Lorca...
Vento, ventiño, venteiro
Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas...
Paseniño, paseniño
Coa sutileza con que se desprazan as aves no aire, os poemas de Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, dialogan neste álbum coas excepcionais ilustracións de Marcos Viso...
Poemar o mar
"Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra...
Lendo lendas, digo versos
Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do ...
Un rato díxolle á lúa
Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro»...
Recendos de aire sonoro
En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos. Nos seus poemas ecoa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase a gaita, Beethoven saúda a Bob Dylan mentres berran as guitarras de rock e a orquestra se despista...
Honorato, o rato namorado
Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos campos, a azul para falar do ceo e do mar, a amarela para falar da luz e do sol...
Na fogueira dos versos
Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de lectores, que destacou a pureza e a sinxeleza dos 29 poemas que o compoñen. O autor, partindo de versos escollidos dunha longa nómina de poetas, desenvolve, recrea e reiventa, como xa fixera nalgún poema de Lueiro de papel, o motivo escollido que figura no epígrafe...
Chove nos versos
"Chove nos versos" é un novo poemario de Antonio García Teijeiro dirixido ao público infantil e xuvenil. Artellado tematicamente arredor da idea da chuvia, a obra divídise en catro apartados: "As choivas no calendario", "Chovendo miudiño", "Chovendo a mares", e "Longa noite de chuvia", unha homenaxe explícita a Celso Emilio Ferreiro...
Os nosos versos
Poemas escritos para denunciar inxustizas, iluminar sombras, reivindicar vellos soños, expresar amor ou desamor, recrear lembranzas de infancia ou plasma-lo estado de ánimo en relación coa paisaxe, que invitan ó lector a comparti-lo arraigamento das terras gallegas e o sentir das súas xentes, a segui-los pasos de todos aquelos que fixeron da poesía un xeito de vida...